Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BLUES DA FLORIDA

€19,90
ISBN 9788410324169
Corría o ano 1968 cando o mundo pegou un estoupido. As placas tectónicas da historia chocaron cunha intensidade imprevista, producíndose unha concentración de acontecementos excepcionais: algueiradas universitarias en Francia, ocupación de Praga polos carros soviéticos, asasinatos de Martin Luther King e de Robert Kennedy nos Estados Unidos, sanguenta represión en México do movemento de protesta estudantil, irrupción do Black Power nas olimpíadas, agravamento da guerra de Vietnam... Malia que os movementos que sacudiron o mundo chegaban como resonancias alleas ao noso país, aquí foron abrollando feitos e episodios que anunciaban ventos de cambio e liberdade. Os estudantes universitarios galegos tamén se revelaron contra as autoridades académicas, o movemento obreiro tentaba rachar as estreiteces do Réxime con mobilizacións contundentes, as expresións artísticas mostraban o seu pulo, comezando a sobresaír unha pléiade de novos escritores e pintores galegos.
A cidade olívica axitouse nunha fase particularmente intensa do seu rexo crecemento económico. Esta novela instálase nesa época, levantando costuras e entreforros do poder, indagando nas bambolinas que protagonizaron os axentes económicos, mergullándose nas liortas de grupos enfrontados. A controvertible decisión da eliminación dos tranvías abriu unha profunda fenda na vida cotiá e dividiu á sociedade viguesa, deixando unha cicatriz que aínda mostra as costuras medio século despois.

____

Editorial: Medulia 07- 2024
Idioma: Galego