Falar de Teis é falar do movemento obreiro de Vigo e Galiza. As loitas mantidas na industria naval, enmarcadas na reivindicación de dereitos laborais e políticos, aportaron cambios que beneficiaron a toda a sociedade, aínda que moitos sectores sociais se abstivesen de participar.
O relato Barricadas de sal reflexiona sobre valores universais como a solidariedade, a liberdade, a propia estima ou a coherencia cos ideais. Os personaxes loitan por ter unha vida mellor dentro dunha sociedade máis xusta.
____
Editorial: ELVIRA
Idioma: Gallego