En Autobiografía do Vermello, Anne Carson reimaxina a trama do poema fragmentario Gerioneida, do autor grego Estesícoro, que narra o episodio da vida de Heracles onde mata o monstro vermello e alado coñecido como Xerión para roubarlle o gando.
Concibida por Carson como unha novela en verso, nela, a autorta imaxina a Xerión como un adolescente homosexual alado que vive na época actual e que se namora dun neno rebelde chamado Heracles, nunha historia de desamor marcada polos corazóns rotos dsa paixón non correspondida.
Anne Carson
A Anne Carson gústalle que nas notas biográficas dos seus libros aparezan unicamente dous datos: que naceu no Canadá e que gaña a vida ensinando grego antigo.
A súa traxectoria, porén, agacha fitos importantes. En 1992, aos 42 anos, publicou o seu primeiro poemario Short Talks. ao que lle seguiron dous títulos nos que, segundo a crítica, “desdebuxa a distancia entre narración, poesía e ensaio” un deles era A antropoloxía da auga (publicado por Chan da Pólvora) e o outro a Autobiografía do vermello.
No ano 2001 publicou A beleza del marido, talvez o seu libro máis coñecido, que lle valeu o Premio T. S. Eliot de poesía, concedido por primeira vez a unha muller. En 2020 recibiu o Premio Princesa de Asturias das Letras. O xurado destacou “a súa capacidade para construír unha poética anovadora a partir do estudo do mundo grecolatino” e que acadou “unas cotas de intensidade e solvencia intelectual que a sitúan entre os escritores máis destacados do presente”.
____
Editorial: Chan da Polvora 04-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 75
POESÍA