subtitulado “Poemas de segunda man, seguidos do texto orixinal”.
Idioma: Castellano
Inspirado, ou ditado se cadra, pola experiencia docente do autor ao longo de trinta e oito anos velaquí trinta e oito poemas, en versión orixinal e a correspondencia galega, que foron empregados nas aulas de comentario de textos, de literatura e mais nas de tradución. Un libro que habitan voces como as de Safo de Lesbos, Cavafis, Jacques Brel, John Lennon, José Hierro, Aurora Luque, Maria Àngels Anglada ou Lluís Llach, entre outras e que lle dan carta de natureza aun libro senlleiro: un libro-río polo que flúe un manancial poético rico, vizoso e heteroxéneo. Un libro-río que constitúe, tamén, un “gracias a la vida” confesado e confeso. Texto de Ramón Nicolás
Luciano Rodríguez Gómez, nado en Viana do Bolo en 1951, é un filólogo e crítico literario galego.
Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Salamanca e a de Santiago de Compostela. Doutorouse pola Universidade da Coruña en 1993 cunha tese sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño. É profesor de Literatura Galega na Facultade de Filoloxía da Coruña.
Colaborou en diversas revistas e publicacións, como Man Común, Grial, Nordés ou La Voz de Galicia.
Ensaio
- A poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, 1994, Deputación de Lugo.
- Auga de varios ríos. Xesús Alonso Montero e Basilio Losada polo seu xubileo, 2001, edición do autor.
- Tres miradas poéticas, 2006, Laiovento.
- O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, 2009, Xerais.
- Páxinas amarelas. Lecturas de poesía, 2010, Espiral Maior.
____
Editorial: MeduliaIdioma: Castellano