Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ATÉ AQUÍ PODO CONTAR [A LINGUA DA ILLA DE ONS]

€17,00
ISBN 9788412473179

Nos últimos anos, a visión que temos da Illa de Ons transformouse de maneira radical. Houbo achegas reveladoras á toponimia, á historia ou aos costumes dos illáns -elemento distintivo da etnografía insular galega-. Ao tempo púxose en valor a especificidade natural do arquipélago e saíron á luz achados sorprendentes, como unha factoría romana para fabricar a prezada púrpura. Porén, este libro é o primeiro estudo científico sobre as características lingüísticas do pobo que habita as illas. Tedes nas mans un pequeno tesouro. Nel, gárdase a fala tal como estaría na súa placenta anterga e a fala que evolucionou á marxe das correntes continentais. Trátase dun libro fundamental que fixa a cerna cultural de Ons, unha achega brillante que une ao traballo filolóxico de José Manuel Dopazo Entenza un importante apéndice documental de imaxes e de textos que nos permiten evocar –e falar– como illáns.

José Manuel Dopazo Entenza (O Valado, Bueu, 1989) leva traballando desde hai anos no patrimonio lingüístico e cultural da Illa de Ons, cuestión que xa abordou no seu traballo de fin de carreira –estudou Filoloxía Galega– e que articula a súa tese doutoral, A lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüístico (2022), dirixida por Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Regueira Fernández. Desde 2015, participou como investigador no desenvolvemento de diversos corpus orais do galego e, posteriormente, no Arquivo do Galego Oral (AGO). Neste último proxecto continúa a participar como colaborador externo desde 2020.

____

Editorial: Chan da Polvora 2022
Idioma: Galego