Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ATA QUE A MORTE NOS SEPARE

€19,95
ISBN 9788411106337

Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimillonaria en viaxe de noivos, unha youtubeira, un policía de incógnito e tamén Sombra Dixital, un pirata informático que pretende secuestrar o barco. Durante a axitada travesía desencadearanse intensos e misteriosos acontecementos que a xornalista e o policía intentarán esclarecer. Nun momento en que os grandes clásicos da literatura universal son obxecto de reescritura, Elena Gallego Abad atrévese a parodiar un título indispensable da literatura policial, «Death on the Nile», de Agatha Christie, trasladando a trama á Galicia do século XXI e recuperando nesta novela a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos nunha apaixonante aventura.

____

Editorial: Xerais 02- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 368
FICCIÓN

También te podría interesar...

  • SAN METEORO

    JOSIÑO ARAÚJO
    €16,95

    Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para ...

    Ver todos os detalles
  • A IRA DOS MANSOS

    A IRA DOS MANSOS

    Manuel Esteban
    €17,30

    O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que...

    Ver todos os detalles
  • PIRATA

    PIRATA

    María Reimóndez
    €18,00

    A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do Williams. Despois da guerra en Flandres, da súa infancia como cr...

    Ver todos os detalles
  • VIVIR A GALOPE

    VIVIR A GALOPE

    María Xosé Queizán
    €29,00

    Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e i...

    Ver todos os detalles
  • TODAS AS VIDAS

    TODAS AS VIDAS

    Xosé Ramón Pena Sánchez
    €21,00

    "Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entr...

    Ver todos os detalles