Este libro ofrecerá a todos os profesionais e persoas interesadas no debate sobre a igualdade de oportunidades un referente conceptual e metodolóxico. Introdúcese unha visión panorámica da construcción social da desigualdade a través das reflexións realizadas desde as perspectivas histórica, antropolóxica e psicosocial do xénero. E, sobre esa base, o libro abre o debate sobre a potencialidade das políticas de igualdade de oportunidades e a incorporación da figura do/a Axente de Igualdade de Oportunidades, así como exemplos de diferentes contextos educativos e sociais (ensino, orientación escolar e profesional, inserción laboral, familia, saúde, violencia) nos que sería prioritario incidir.
_____
Editorial: Laiovento 2003
Idioma: Galego