Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS MIÑAS ESTÚPIDAS IDEAS

€19,50
ISBN 9788412456288

 

A fabulosa novela debut do escritor italiano Bernardo Zannoni, gañadora do premio Campiello, un dos máis prestixiosos das letras italianas. O protagonista, Archy, é unha garduña. Naceu unha noite de inverno nunha tobeira escura. Co vello raposo Solomon descobre a escritura, a morte e a Deus. Aguilloado por novos desexos e misterios, a súa conduta torna cada vez máis humana, aínda que atrapada polo instinto animal. Velaquí unha escritua en estado de graza, unha novela atemporal que ofrece a quen le unha nova perspectiva sobre a existencia. Coma se un atribulado personaxe de Camus protagonizase unha película de Pixar.

"O meu pai morreu porque era un ladrón. Roubou tres veces nos campos de Zò, e a cuarta o home colleuno. Disparoulle na barriga, arrincoulle a galiña da boca e despois atouno a un pau da cerca como advertencia. Deixaba a súa compañeira con seis cachorros ao lombo, en pleno inverno, coa neve.

Nas noites de treboada, todos xuntos na cama grande, mirabamos a nosa nai desesperarse na cociña, na penumbra dunha lámpada e do teito baixo da tobeira.

- Maldito, Davis, maldito! - choraba-. Que vou facer agora? Garduña estúpida!

Mirabámola sen facermos ruído, moi xuntos por mor do frío. Á miña dereita estaba meu irmán Leroy; do outro lado atopábase Giosuè, ao que non cheguei a coñecer. Debeu morrer pouco despois do parto, pode que esmagado polo peso da nosa nai ao botarse a descansar.

- Desgraciado, desgraciado -laiábase ela-. Quen vai criar agora estes fillos de ninguén?

Aqueles primeiros días, a vida era unha sensación fermosa. Respirando moi amodo baixo os cobertores, acabábaste mergullando no sono máis vivo. Sentíaste fráxil e forte ao mesmo tempo, oculto ao mundo, á espera de saír".

Inicio do primeiro capítulo "O inverno, a nosa nai" de As miñas estúpidas ideas de Bernardo Zannoni.

____

Editorial: Rodolfo e Priscila 06-2023
Idioma: Galego