Neste libro enfrontámonos cunha cumpridiña taxonomía do sorriso: apóstatas da realidade, hermafroditas, namorados da madeira, cativos con dúas nais, proterodelincuentes, suicidas con éxito, isto é, todo un compango de personalidades corrosivas que, se cadra e xunto aos últimos recursos para a violación da morriña, fan pensar nas dificultades de abordar este noso mundo, xa non con intención de mudalo –que iso está fóra das posibilidades de calquera autor–, senón de dar con outra maneira de entendelo.
Premio Carvalho Calero de Narrativa.
Ilustración da capa e interiores do autor.
_____
Editorial: Laiovento 1999
Idioma: Galego