Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS FLORIÑAS DE SAN FRANCISCO

€28,00
ISBN WP847
Traducido ao galego directamente do italiano medieval (s. XIV) Darío Xohán Cabana, tradutor - Darío Basso, ilustrador. Un texto de finais do século XIV, os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron traducidas ao galego dende o italiano medieval por Darío Xohán Cabana e ilustradas, para esta coidada edición, por Darío Basso.

Un texto de finais do século XIV, os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron traducidas ao galego dende o italiano medieval por Darío Xohán Cabana e ilustradas, para esta coidada edición, por Darío Basso. Os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron compostas por un autor anónimo toscano entre 1370 e 1390. Narran a vida e milagres do santo fundador da orde franciscana. Dividida en 53 capítulos, esta obra relata precisamente no seu capítulo cuarto a viaxe de san Francisco a Santiago de Compostela e a súa decisión de fundar aquí o primeiro convento e o inicio da Orde franciscana. Deste feito conmemórase en Galicia en 2014 o oitavo centenario. Traducida ao longo dos tempos a varios idiomas, agora, e por vez primeira, esta obra pode ser lida en galego, nunha esmerada coedición de Alvarellos Editora e a Xunta de Galicia. Darío Xohán Cabana é o responsable da tradución do texto, realizada directamente desde o italiano medieval. O volume enriquécese con dezasete impactantes acuarelas de Darío Basso. Na súa introdución, Xohán Cabana describe o ton destas Floriñas: “Os Fioretti son un delicioso libro de contos piadosos, a miúdo salferidos de graza e humor e sempre cheos de profunda emoción relixiosa, mística e fraternal. As figuras de san Francisco e dos seus compañeiros e seguidores xorden destas páxinas cunha extraordinaria capacidade de sedución, cheos de vida e de verdade e, por que non dicilo así, de simpatía persoal”. Darío Xohán Cabana (Roás, Terra Chá, Lugo, 1952) é poeta, narrador e tradutor. Da súa man chegaron traducidas ao galego, entre outras, a Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo ou Os trobadores da Occitania. Darío Basso (Caracas, 1966) é un artista de orixe viguesa con obra exposta en medio mundo. Defínese como pintor matérico. Nos seus lenzos, a natureza deixa unha fonda pegada.

____