Premio de Poesía do Concello de Villalba 2022
As feridas dun amor efémero é o título do primeiro libro de Sue Camaño, unha nova voz poética que se alzou en 2022 co Premio de Poesía do Concello de Villalba.
Esta obra, ilustrada por Diego Estebo, competiu con outras cen presentadas a estre Premio, que en 2022 alcanzou a súa edición nº48.
En palabras da propia autora, a súa ópera prima << aspira a ser, por unha banda, unha homenaxe aos clásicos da poesía e da literatura universal que marcaron a miña vida: dende as cantigas de amigo a Garcilaso, Rosaía, Lorca ou Emily Dickinson. Con eles como inspiración, quixen reelaborar eses grandes temas que levan portagonizando a creación escrita dende as súas orixes: a morte, o desamor ou a aungustia existencial>>.
____
Editorial: Alvarellos 02-2023Idioma: Gallego