Saír sen danos dunha liorta co capitán Cancro non é cousa doada. Cando menos levarás de recordo algunha cicatriz revirada e, de seguro, unha historia que contar. Como a que a avoa de Nico e Bruno lles lembra aos seus netos, onde relata a batalla que os pais dos nenos tiveron que librar contra tan temido personaxe. Unha historia con monstros arrepiantes e valentes piratas; loitas con feridas abertas e moitos aloumiños para pechalas.
____
Editorial: XeraisIdioma: Galego