O 14 de marzo do ano 2020 unha pandemia obrigounos a pecharnos nos nosos fogares.
Eu decidín pasar ese tempo cos meus pais, nacidos os dous pola década dos 40. Nas súas miradas, no seu rostro de incomprensión, comecei a decatarme que empezaba a ser o pai dos meus pais. Unha sensación que nunca antes sentira. O amor ás raíces dos meus proxenitores, unido á miña mente creativa, son os motores deste libro. En cada unha das súas páxinas téntase trasladar todo o que sentín ao entrar nos fogares de cada un dos protagonistas, tomando como referencia todos os valores que as xentes do noso rural nos inculcaron para ser o que somos hoxe.
____
Editorial: Galaxia 10-2022
Idioma: Galego