Bueu, 18 de outubro de 1963 (25 de agosto de 1982)
Procedente dunha familia vinculada co mar, era o primoxénito de catro irmáns.
Era un grande aficionado ó xadrez e á natación. Tamén lle gostaba practicar a pesca submarina e tocar a guitarra española. Sen dúbida, a súa meirande afición era a lectura. Entre moitos outros referentes, destacan: P. Neruda, C. Oroza, F. Pessoa, E. Pound, T. S. Eliot e R. M. Rilke. No eido da pintura, recibiu grande influencia de J. Miró e P. Picasso.
Empezou a escribir poesía sen cesar á prematura idade de 13 anos. Con 18 anos, viviu o primeiro e único desarraigo da súa amada Galicia para ir a estudiar Psicoloxía á Universidade de Salamanca. Alí, coñeceu a Don Gonzalo Torrente Ballester co cal cultivou unha boa amizade.
____
Editorial: ELVIRA 06-2024
Idioma: Castellano