Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ANNA KADABRA, 1: O CLUB DA LÚA CHEA (GALEGO)

€12,95
ISBN 9788482896878

Anna está furiosa porque ten que abandonar a súa vella casa, a súa escola e a súa cidade. Se muda cos seus pais a Moonville, un anticuado pobo no medio do bosque. Aínda por riba, o lugar está cheo de lendas e segredos. Quién é, por exemplo, ese gato misterioso que a segue a todas partes? Podría ser o gato dunha bruxa? Un momento... e se a bruxa fose ela?!

Pedro Mañas (Madrid, 1981) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade Autónoma de Madrid. Foi precisamente alí onde un dos seus relatos foi seleccionado para unha selección de novos autores. Desde entón, fóronlle concedidos diferentes galardóns nacionais e internacionais no ámbito da narrativa infantil, entre os que destacan o premio Ler é Vivir da editorial Everest e o premio Ciudad de Málaga da editorial Anaya. Más recentemente resultou gañador do Barco de Vapor da editorial SM e do Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil. Algunhas das súas obras premiadas foron traducidas ao francés, ao alemán, ao portugués, coreano ou ao chinés, entre outras linguas.

Tamén é autor de varios poemarios infantís. Entre eles, Poemas para ler antes de ler, co que resultou gañador do Premio de Poesía Infantil O Príncipe Preguntón (convocado pola Deputación de Granada e a Editorial Hiperión) e Ciudad Labirinto, que lle valeu o II Premio de Poesía Infantil Ciudad de Orihuela, convocado polo Concello de Orihuela e a editorial Kalandraka.

____

Editorial: Cumio 09-2024
Idioma: Galego