Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AMELIA FANG E AS VACACIÓNS DE MEDIA LÚA

€15,50
ISBN
Os escolares de Nocturnia non teñen clase: son as vacacións de media lúa! E Amelia vainas pasar de campamento na illa da Ameixeira de Azucre cos Aventureiros do Arco Iris.

Mentres exploran a illa, Amelia e os seus compañeiros encollen ó tamaño dun bicho. Completarán os MINÚSCULOS amigos a LONGA viaxe para romper a maldición?

Laura Ellen Anderson

Cando non está intentando dominar o mundo ou loitando contra os monstros que comen calcetíns, Laura Ellen Anderson (Essex, 1988) é unha autora e ilustradora de libro infantil, cunha crecente adicción ó café. Así pode pasar máis horas esperta, debuxando e creando. Gustaríalle poder vivir na lúa e a súa estación favorita é o outono.

Amelia Fang é a súa primeira serie de libros e xa conta con traducións a máis de vinte linguas

____

Editorial: Sushi book  2-2024

Idioma: Galego