Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

XÉNESE, HISTORIA DUN FRACASO

€17,90
ISBN 9788419438638

Un escritor inexperto, Santos, comeza a escribir un relato centrado na Bretaña francesa no século XVII. Iso na teoría, porque a protagonista, de nome Duasvidas, rebélase e acorda con Santos mudar a historia adiantándoa ao século XXI. Durante o resto do relato o autor tenta a tropezóns reconducir cada capítulo entre as demandas de Duasvidas, ata que pouco a pouco ela apodérase da narración.
A historia camiña paralela a cada un dos sete días da creación do libro bíblico da Xénese. Entre os altos e baixos do relato, enrédanse as Tebras e a Luz, a Bóveda Celeste, o Sol e a Lúa, o Mares, os Froitos, a Terra, o Home maila Muller, ata que finalmente Santos chega exhausto ata o seu derradeiro capítulo, que é o día de descanso.
Para complicalo aínda máis, Santos decora cada un dos capítulos cunha canción.
Santos nunca saberá como remata a súa historia, pero podemos supoñer que quedaría satisfeito.

____

Editorial: Medulia 11-2023
Idioma: Galego