Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AD INFEROS

€12,00
ISBN 9788494856518
É como un axóuxere de liberdade, un exercicio de da liberdade persoal. O título alude ao descenso de Ulises aos infernos que se conta na Odisea. Hai como un paralelismo con ese viaxe de Ulises, que sae do inferno destrozado pero libre. O que fago nos meus poemas é furgar na miña memoria para saír despois dela e intentar buscar a liberdade. É unha memoria rural e urbana, porque eu me criei entre eses dous mundos. Tamén hai referencias á figura da muller, ao feminismo, ao mundo dos animais, ás cousas que me rodean... O libro fala sobre todo de min.  

As imaxes non son ilustracións dos poemas literarios, senón poemas visuais independentes dos anteriores. O libro é así porque empre traballei con poemas e fotografías e esta é a miña maneira de expresarme. Influíume moitísimo o poeta pintor inglés William Blake. Entre os escritores galegos actuais interéresanme, por exemplo, Emilio Arauxo, Gonzalo Hermo ou Francisco Cortegoso. Ademais de poesía, tamén leo moitos ensaios para intentar coñecer as entrañas da xente. E aparte da literatura interésome pola arte en xeral, por todas as formas de expresión artística. Mónica Sánchez Rodríguez, nada en Reigada (Monforte de Lemos) en 1986, é unha escritora galega Gañou o premio de poesía Xuventude Crea en 2013 e volveu gañalo en 2015

____

Editorial: Chan da Polvora
Idioma: Gallego