Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS RÚA DAS PREGUNTAS

€18,50
ISBN 9788411763431

A mediados dos anos cincuenta os habitantes da vila saben gardar os segredos e agachar as verdades. Mais non poden evitar que desde distintas frontes se procuren resolver uns crimes e a identidade dos protagonistas dunha historia que Xesús González Gómez debulla entre preguntas, medos, silencios e manipulacións.

Xesús González Gómez
(A Rúa, 1950). Escritor, tradutor e crítico literario, reside en Barcelona desde 1966, onde traballou como produtor en Radio Nacional de España.

Crítico literario en medios como A Nosa Terra, Grial, Luzes de Galiza e Expresso, publicou as novelas Ucronía (1988) e A lingua secreta (2002); os ensaios Álvaro Cunqueiro, traductor (Premio Literario Ánxel Fole 1990), Teatro e surrealismo (1999), Unha montaxe de ‘Os vellos non deben de namorarse’ en español (2001), A novela policial. Unha historia política (2002), Dicionario de surrealismo e surrealistas (2009); A revolución en marcha. Decretos e proclamas da Comuna de París (setembro 1870-maio 1871) (2021) e deu ao prelo traducións de Salvador Espriu, Louis Aragon, André Breton, Baudelaire, o conde de Lautrémont, Antonio Gramsci e Guillaume Apollinaire, entre moitas outras.

____

Editorial: Galaxia 09-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 180
Col: Literaria 509