A PARROQUIA DE ABANQUEIRO NOS SEUS LIBROS DE REXISTRO (SS. XVI Ó XIX)
Juan Nepomuceno Suárez Lijó, naceu en Pasaia de S. Pedro (Guipúscua) no 1954. Ós dezaseis anos trasladouse, xunto a súa familia, á parroquia de Abanqueiro, sita no concello de Boiro, onde nacera seu pai. Cursou bacharelato na Coruña e a carreira universitaria entre Santiago e Valladolid, licenciándose en Filosofía e Letras, coa especialidade de Historia Moderna, na Universidade de Valladolid. Dedicou a súa actividade laboral ó negocio familiar. Ó xubilarse, volveu retomar vellos traballos iniciados na súa época universitaria, dando, como resultado, este libro sobre a Parroquia de Abanqueiro. Tamén ten publicado un artigo titulado "A capela da nosa Sra. de Exipto no monte do Seán e Calvario", no Anuario de Estudos do Barbanza, no 2021.
____
Editorial: Toxosoutos 07-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 153