Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A MARCHA DA PAZ SECUESTRADA

€22,00
ISBN 9788419040206

“O inferno abría portas en América Central e as lapas abrollaban acotío, sen desmaio, nas páxinas da prensa internacional e local, nos informativos de todas as emisoras de radio e televisión.

A iniciativa da Marcha Internacional pola Paz en Centroamérica partira dun grupo de pacifistas noruegueses na primavera de 1984, e a convocatoria cubriu etapas de difusión con rapidez, aínda que daquela non había internet nin móbiles.”

En palabras do autor, este libro reivindica e quere ser parte do antigo grito pola paz contra o pregón actual da guerra, esa antigalla.

Primitivo Carbajo, de orixe zamorana, traballou como xornalista en medios da Coruña e Vigo, de guionista en programas da TVG, colaborou en cabeceiras de variada caste e foi corresponsal dalgunhas revistas e xornais alén do Telón de Grelos. De El País, 17 anos, ata 2012. Foi director de Comunicación da Universidade de Vigo (1999-2005), fundador do pioneiro Duvi, o seu diario dixital, e é coautor, con Luis Pita, da biografía non autorizada Paco Vázquez, a pegada dun príncipe (Xerais, 1993).

___

Editorial: Morgante 06-2024

Idioma: galego