Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A MANDRÁGORA

€12,10
ISBN 9788489896240

A Mandrágora, considerada unha das comedias máis importantes de toda a literatura teatral italiana, foi escrita por Niccolo Macchiavelli en 1518 durante o penoso exilio en San Casciano. A peza, que resulta ser algo máis que un “divertimento en tempos tristes”, desenvolve un enredo no que fica ao descuberto a febleza dos principios morais ante os intereses e paixóns que aniñan na condición humana. Reverso cómico da análise social que o autor desenvolve en Il Príncipe, constitúe de feito unha interesantísima mostra do inxenio e capacidade crítica que consagrou a Macchiavelli como unha das grandes figuras do pensamento occidental.

Tradución do italiano de Luísa Villalta e Francisco Pillado.

Ilustracións: Pepe Carreiro.

_____

Editorial: Laiovento 1998

Idioma: Galego