O home máis rico de Galicia descobre durante o confinamento a súa paixón pola literatura galega e decide convocar un premio de novela dotado cun millón de euros.
Aspirantes de todo tipo, críticos e axentes literarios, xornalistas e políticos farán o posible por que gañe quen mellor represente os seus intereses.
César Cequeliños ofrece un retrato mordaz do panorama literario galego actual. Todo parecido coa realidade é pura coincidencia.
César Cequeliños (Arbo, 1977). Xornalista, editor e crítico literario. Coautor de varios libros infantís: Atlas da Galicia pequeniña, Historia da Galicia pequeniña, Un día de festa en… Allariz e Animais míticos do Camiño de Santiago. Dirixe a revista dixital Biosbardia e colabora coa revista Luzes e o Faro de Vigo. A gran novela galega é a súa primeira obra de ficción publicada.
____
Editorial: Morgante 02- 2023
Idioma: Galego