Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A EVA FUTURA

€15,50
ISBN WP2179
A Eva futura, aparecida en 1886, está considerada unha das obras máis destacadas da literatura simbolista francesa. Nela Villiers converte o científico Edison nun personaxe idealista e sarcástico, en condicións de crear unha muller ideal movida pola electricidade.

A Eva futura, aparecida en 1886, está considerada unha das obras máis destacadas da literatura simbolista francesa. Nela Villiers converte o científico Edison nun personaxe idealista e sarcástico, en condicións de crear unha muller ideal movida pola electricidade. Polo título e polo discurso técnico, o autor parece vincular a novela co xénero da anticipación científica, asociada daquela a Verne, consideración que influíu de maneira negativa na súa recepción. Estamos, en palabras do autor, perante unha «obra de arte metafísica»; quen espere unha narración lineal cargada de peripecias, ficará decepcionado; porén, nela atopará tópicos decadentistas como o culto á artificialidade, a condena da mentalidade burguesa e o desafío sacrílego ao poder divino, xunto cunha abraiante ramificación temática: o evidente discurso misóxino (fondamente ligado á vida persoal do escritor), o papel da ilusión no amor, os efectos da crenza cega no progreso, ou reflexións sobre a beleza, a filosofía, o cientifismo e o materialismo de finais do século XIX. Mallarmé destacou a súa feroz ironía e recoñeceu o autor como mestre do idealismo, como tamén fixo Huysmans. Atópanse ecos de A Eva futura en creacións tan diversas como o robot feminino de Metropolis (1927) de Fritz Lang, ou na canción «Hadaly» de Radio Futura.

____