Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ESTRELA DA MAÑÁ

€9,00
ISBN 9788484870707

Os ensaios reunidos no presente volume teñen como intención exaltar a actualidade inactual, é dicir, en termos nietszcheanos, "intempestiva" das ideas, dos valores, dos mitos e dos soños surrealistas, e, sobre todo, da carga libertaria e emancipatoria do surrealismo.

A partir de certo momento, o surrealismo encóntrase co marxismo. Para Michael Löwy, membro do Grupo de París do movemento surrealista desde 1975, o punto de encontro entre surrealismo e marxismo non é a certeza da vitoria, nin a crenza nunha teoría do progreso máis ou menos lineal. O encontro entre surrealismo e marxismo é o "pesimismo revolucionario".

Mediante unha serie de traballos dedicados tanto a figuras do surrealismo (André Breton, Vicent Bounoure, etc.) como a pensadores que se sentiron fascinados ou incluídos polo surrealismo (Walter Benjamin, Guy Debord, Pierre Naville...), Löwy suxire os ligames de afinidade electiva que se poden estabelecer entre o surrealismo e outras expresións do pensamento contemporáneo.

Este libro, que é un acto de protesta contra aqueles que dan por morto o surrealismo, acha novos camiños para que este, na esteira do romanticismo negro, continúe a trazar novos camiños no terreo.

_____

Editorial: Laiovento 2005

Idioma: Galego