Este interesante libro consta dunha documentada biografia de Noriega Varela –praticamente a primeira que se ten feito– realizada con rigor e honestidade, apoiando cada afirmación en fontes contrastadas e fuxindo de anédotas e lugares comuns. Figuran unha série de poemas inéditos de Noriega asi como diversos documentos (cartas, entrevistas) de enorme importáncia todos eles para o coñecimento da personalidade do chamado poeta da montaña.
_____
Editorial: Laiovento 1992
Idioma: Galego