Unha mostra da singular mestría para recrear narracións de procedencia popular dun dos nosos autores xa clásicos.
Baseadas en lendas e crenzas populares, como a do lobishome e a dos mouros gardadores de tesouros fabulosos, moitas destas narracións vencéllanse coa nosa imaxinación colectiva como pobo. Noutras o autor adiántase ao seu tempo para facer unha parodia crítica e mordaz, maxistral e divertida, dos comportamentos, roles e obsesións da sociedade de hoxe. Este libro inclúe algúns dos relatos máis admirados do autor ourensán, como "Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros", "O lobo da xente", "A trabe de ouro e a trabe de alquitrán" e "Os europeos de Abrantes".
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego