Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MONTE DAS CROAS. ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

€12,00
ISBN 5400106202304

A mediados da Idade do Ferro moitos vellos castros, que naceran séculos atrás na Idade do Bronce, foron abandonados, nunha época de cambios sociais e políticos aínda enigmáticos e pouco claros. O monte das Croas, que está a ser escavado polo Concello de Pontevedra, pertence a ese grupo especial de castros que xa eran ruínas cando os romanos chegaron a Galicia. Falamos co seu equipo.

No ano 1993, o arqueólogo Antonio de la Peña escavou o castro do Monte das Croas (Salcedo, Pontevedra). Era a segunda campaña que se realizaba no castro, pero De la Peña suxeriu dúas hipóteses sobre o lugar: que non fora chegado a construír totalmente e que o castro era moi antigo, moito máis que outros castros galegos. De la Peña sabía de que falaba: boa parte da década pasada tiña escavado no castro de Torroso (Mos), unha acrópole que amosaba antiquísimas cronoloxías, naquel momento aínda nada habituais no mundo dos castros. Os niveis de Torroso databan do século VII a.C., é dicir, nos albores da cultura castrexa. Nas Croas de Salcedo De la Peña recoñeceu, e as probas de Carbono 14 confirmáronllo, que o horizonte das Croas era tamén moi antigo, de ao redor do século VI a.C.

____
Editorial: SAGA 11-2018
Idioma: Galego