Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A BAIXA LIMIA GALEGA NA PREHISTORIA RECENTE

€10,00
ISBN 9788487575730

Arqueoloxía dunha paisaxe na galicia interior.

O estado actual do Megalitismo da comarca da Baixa Limia a partir de traballos de investigación realizados a finais da década de 1980 e inicios de 1990: as escavacións realizadas, a distribución dos monumentos polo territorio e as intensas transformacións da paisaxe dende finais do Vº milenio BC. A monumentalidade dos megálitos -dólmenes e túmulos- está ben representada nestas terras que forman parte dos actuais espazos naturais protexidos da Serra do Xurés-Gerês.
O Doutor José Mª Eguileta Franco é Xefe do Departamento de Arqueoloxía do Concello de Ourense e Vocal e Poñente da súa Comisión Técnica Municipal para a Protección de Bens Culturais. Graduouse en Prehistoria e Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela coa máxima calificación e obteu o título de Doutor en 1994, acadando o Premio Extraordinario.
Entre 1995 e 2006 impartiu docencia nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo, e no Centro Asociado de Ourense da UNED. Na actualidade imparte a asignatura “Taller de Arqueoloxía” no Programa de Maiores da Universidade de Vigo. É ademáis responsable da Sección de Ciencias Sociais da Fundación Vicente Risco, Académico Correspondente da Real Academia Galega de Bellas Artes e Xuiz Honorario do Couto Mixto.

____

Editorial: Deputación de Ourense

Idioma: Galego