Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O SUPERDETECTIVE BLOMKVIST

€16,00
ISBN 9788416884643

Kalle Blomkvist naceu para ser detective e, malia que só ten trece anos, controla todo o que sucede na pequena vila de Lillköping. Xunto a Anders e Eva-Lotta pasa o verán enredado nunha batalla contra banda de nenos rivais. Pero a chegada do tío Einar esperta as súas sospeitas, e os tres amigos poñen en marcha unha auténtica investigación detectivesca.

Astrid Lindgren naceu en Suecia en 1907, nunha pequena aldea como a de Bullerbyn. Logo abandonou o campo para vivir en Estocolmo, onde casou e tivo dous fillos. A súa filla Karin inspirou Pippi Langstrumpf (1945), a súa obra máis coñecida.

Cun cento de libros publicados e traducida a máis de 80 idiomas, a autora foi avalada co Premio Hans Christian Andersen, o Premio Nacional de Literatura de Suecia, a Medalla de ouro da Academia Sueca e o Premio Internacional do Libro da Unesco. Trala súa morte, no 2002, instaurouse o Premio Memorial Astrid Lindgren de literatura infantil e xuvenil.

____

Traducido ao galego por Marta Dahlgren

Editorial: Sushi books; 03-2023

Idioma: Galego