Ao longo da nosa historia, personaxes loucos ou xeniais imaxinaron eses lugares e as criaturas que quizais nos observen tamén coa mesma curiosidade ou temor. Se cadra o noso encontro será unha cita cun obxecto extrasolar, unha guerra dos mundos ou a fin da nosa infancia como especie. Quen o sabe?
Desde as páxinas deste novo volume de Contos Estraños, un grupo desas persoas loucas ou xeniais ergue tamén a vista ao ceo para traer ás nosas letras as súas ideas sobre como será ese encontro soñado desde hai eóns.
Deamos a benvida aos Visitantes de Alén da Lúa.
Prometeo foi o primeiro rebelde, o que roubou a luz, a chama do saber, da ciencia, se cadra mesmo da propia linguaxe. Mais a medida que a humanidade camiña cara a adiante, os mitos derrúbanse, as deidades morren no baleiro do esquecemento, suplantadas por novas crenzas: a roda, as engrenaxes, a pólvora, a enxeñaría, a nosa benquerida ciencia moderna. Mais contra estas novas divindades tamén se ergueron modernos Prometeos, desafiantes, loucos ás veces, xeniais outras, aínda que sempre perturbadores. Os relatos deste volume falan de todos eses espíritos que decidiron non conformarse co que lles foi dado e que remataron, para ben ou para mal, como titáns dun mundo onde as vellas deidades morreron hai tempo. Benvidos á Rebelión de Prometeo.
Idioma: Castellano

____
Editorial: Contos EstrañosIdioma: Castellano