Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

COS PÉS NA TERRA

€14,90
ISBN

Conversas entre A. Carrodeguas e Antonio Carlos Pereira Menaut.

Que leccións nos deixa o mapa político galego un ano despois das eleccións de 2024?
Ten futuro o nacionalismo galego no século XXI, cunha Unión Europea en constante expansión de poderes e competencias?
Que implicacións políticas concretas conleva, máis aló dun certo autogoberno?
Apuntará, tendencialmente, cara ao independentismo ou podería integrarse nun modelo federal?

Neste breve e lúcido libro, Alexandre Carrodeguas establece unha serie de conversacións co catedrático Antonio-Carlos Pereira Menaut, sempre coa intención de razoar con sensatez e Cos pés na terra.
Lonxe da formalidade académica, moitos destes diálogos xorden espontaneamente, compartindo mesa e cervexas con amigos comúns, rememorando o espírito dos faladoiros de Chesterton no "Mooreeffoc" ou as de Tolkien no "Eagle and Child".
O prólogo corre a cargo de Iván Arias, habitual participante nestas enriquecedoras charlas, e o epílogo asínao o recoñecido profesor Miguel Bastos. Unha lectura esencial para comprender as complexidades da vida política galega contemporáneo.
Un libro que analiza a política galega actual desde as eleccións galegas de 2024.

COS PÉS NA TERRA
I. Introdución. A voltas coas pasadas eleccións do 18 de febrero de 2024
II. Existe unha identidade galega?
III. A voltas co noso nacionalismo
IV. Galicia, Portugal, Europa
V. Cara un estatismo galego?
VI. Para rematar, federalismo
Comentarios a modo de conclusión
Miguel Anxo Bastos Boubeta
Apéndice: Por que somos os mellores, e outras «questiones otiosae»
I. Por «Via introductoria»
II. Por que somos os mellores
A nosa superioridade no mundo de hoxe
A historia do xenófilo decepcionado
III. Que é Galicia
Primeira proposición: Galicia é unha mestura .. 216
Segunda proposición: Galicia é unha persoa... 
Terceira proposición: Galicia é unha casa
Cuarta proposición: Galicia é parte de nós; nós estamos feitos dela

_____

     Editorial: Libros Lorref 12-2025
    Idioma: Galego
    Páxinas: 228
    ENSAIO
    NACIONALISMO
    PARTIDO GALEGUISTA