Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

JOSÉ GUITIÁN: FOTÓGRAFO EN COMPOSTELA 1950-1980

€18,00
ISBN 9788445351536
O libro José Guitián: Fotógrafo en Compostela 1950-1980  é un catálogo artístico e documental publicado no ano 2014 pola Xunta de Galicia. O volume editouse co gallo da grande exposición retrospectiva homónima organizada no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

¿Que contén este volume?
A publicación, redactada de xeito bilingüe en galego e castelán, serve como unha crónica visual imprescindible da segunda metade do século XX na capital galega: 
  • Imaxes inéditas: Recolle unha ampla e coidada selección do arquivo de José Guitián, recuperado en gran parte grazas a este proxecto. A maioría destas fotografías eran totalmente inéditas ata o momento da edición do libro. 
  • Textos críticos: O catálogo complétase con análises e textos biográficos elaborados polo xornalista e investigador Manuel F. Rodríguez e polo fillo do fotógrafo, José Seijo Guitián.Testemuño histórico: A través do seu obxectivo, Guitián retratou durante corenta anos a evolución urbana de Santiago de Compostela, a súa veciñanza, as súas festas, a vida cotiá e os seus característicos e soados nocturnos fotográficos pola zona vella.
O autor e o seu estudio
José Guitián formouse inicialmente con mestres históricos da fotografía local galega da talla de Ksado e Almeida. A principios dos anos cincuenta independizouse e fundou o seu propio estudio, o célebre Foto Guitián, especializándose tanto no retrato coma na fotografía científica antes de xubilarse en 1989.

Catálogo da exposición: José Guitián. Fotógrafo en Compostela. 1950-1980. Con textos de Manuel F. Rodríguez e José Seijo Guitián. Recóllese unha ampla selección da obra fotográfica deste autor, recuperada para realizar a exposición e este catálogo, con imaxes na súa maioría inéditas. Coa súa cámara e durante corenta anos de traballo, José Guitián retratou Santiago e a súa veciñanza. As súas fotografías son hoxe un testemuño da vida compostelá durante estas catro décadas.

Formado con fotógrafos locais da talla de Ksado e Almeida, a primeiros dos anos cincuenta comeza a traballar de xeito autónomo montando o estudio Foto Guitián, que lograría gran sona. Especializado no retrato e a fotografía científica, dedica tamén tempo a deixar en imaxes a cidade mesma -aí está a súa famosa serie de nocturnos-, as súas xentes e os seus costumes. Pola súa cámara pasa, xa que logo, a evolución urbana e humana compostelá da segunda metade do século XX.

Guitián é un dos composteláns que máis e mellor sentiu latexar a vida compostelá. Viuna pasar cada día ante o obxectivo da súa cámara durante máis de catro décadas, desde finais dos anos corenta ata a súa xubilación en 1989.

Tras vivir os seus primeiros anos en Cuba, a onde emigraran os seus pais, a familia instálase en Compostela en 1936, cidade onde pouco despois aprende a profesión de fotógrafo, da que se namora, ao mesmo tempo que o fai da cidade, que converterá no gran obxectivo do seu traballo e da súa vida. Formado con fotógrafos locais da talla de Ksado e Almeida, a primeiros dos anos cincuenta comeza a traballar de xeito autónomo montando o estudio Foto Guitián, que lograría gran sona. Especializado no retrato e a fotografía científica, dedica tamén tempo a deixar en imaxes a cidade mesma -aí está a súa famosa serie de nocturnos-, as súas xentes e os seus costumes. Pola súa cámara pasa, xa que logo, a evolución urbana e humana compostelá da segunda metade do século XX.

A exposición José Guitián. Fotógrafo en Compostela 1950-1980, responde polo tanto, a estas premisas. O Museo das Peregrinacións e de Santiago realiza con ela un acto de xustiza coa obra de Guitián, en gran parte recuperada grazas a esta mostra, e coa propia cidade de Santiago, que non podía permitirse o luxo de deixar sen positivar para o presente e o futuro unha crónica en imaxes de semellante proporción.

Desta forma entende o fotógrafo José Guitián Seijo, nacido en Cuba en 1925, a profesión que centrou a súa vida, unha vida marcada, ademais de pola fotografía, por outras dúas grandes paixóns: a cidade de Santiago de Compostela e unha inquietude social e cultural sen límites. Son tres paixóns que continúan no presente: “Cheguei á fotografía na cidade de Santiago por casualidade, debido a que a Guerra Civil impediu que puidese estudar na Universidade, como querían os meus pais, pero agora non me imaxino tendo sido outra cousa: poñerse detrás da cámara, mirar polo obxectivo e disparar unha foto é un acto de relación coa máquina, pero sobre todo é sempre un acto individual de creación e debe de acabar nun acto de comunicación, de cultura”.

_____

Editorial: XUNTA 3-2014 
Idioma: Galego/Castellano
Páxinas: 168
FOTOGRAFÍA
SANTIAGO