Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A GALICIA HETERODOXA

€13,00
ISBN 9788492646470

A Galicia Heterodoxa recolle e amplía unha decena de investigacións que deu á luz o autor nos últimos anos, centradas, case todas, en ámbitos pouco explorados pola historiografía galega.
O mundo da heterodoxia representado por homes e mulleres que formaron parte de institucións ou entidades situadas nas marxes do pensamento dominante.
Francmasonería, teosofía, rosacrucismo, rotarismo e libre pensamento como realidades existentes nunha Galicia nunca allea ás correntes defensoras da liberdade de conciencia. Unha obra que ilumina amplas zonas de sombra na historia contemporánea de Galicia.

ÍNDICE
MASONERIA E CULTURA EN GALICIA NO CONTEXTO DAS DÚAS REPÚBLICAS (1873-1936), 
ANTONIO ROMERO ORTIZ E A FRANCMASONERÍA NA COMARCA DO BARBANZA, 
OS INICIOS DA ANTORCHA GALAICA DO LIBRE PENSAMIENTO (1897-1900),
GALICIA E A LIGA ESPAÑOLA DOS DEREITOS DO HOME, 88
UN ROSACRUZ NA GALICIA REPUBLICANA: RAFAEL FREIRE LAMAS, 
FEMINISMO SOCIAL E LIBREPENSADORAS NA GALICIA DOS SÉCULOS XIX E XX,
A MASONERÍA NA CIDADE DE PONTEVEDRA, 
A TEOSOFÍA EN PONTEVEDRA: O GRUPO "MARCOAURELIO", 
A PRIMEIRA ÉPOCA DO ROTARY CLUB EN GALICIA (1926-1936), 

Carlos Pereira Martínez (Montevideo, 1959), escritor e historiador, é licenciado en Xeografía e Historia pola UNED, onde realizou os Cursos de Doutoramento en Historia Medieval. Historiador do Concello de Culleredo e recoñecido especialista na Orde do Temple, ten pronunciado numerosas conferencias dentro e fóra de Galicia. Cofundador do grupo teatral Maiolongo, a súa actividade creativa esténdese ao ámbito da poesía e da plástica, tendo exhibida a súa obra en diversos lugares de Galicia e Portugal.
No eido da investigación histórica é autor, entre outras, das obras Sésamo e Sueiro. Dende a Prehisto-ria á Idade Media (1997), Fábrica de Armas de A Coruña. Seis décadas de historia (1998), Anxo Senra.
Vida e obra (1999), Os Templarios. Artigos e ensaios
(2000), A Cultura en Culleredo na Ilª República (2001), O orballo da igualdade. Asociacionismo feminino pro-gresista na Coruña (con Ana Romero Masiá) (2005) e A Guerra da Independencia en Culleredo (2007).


____

Editorial: Espiral Maior 10-2010
Idioma: Galego
Páxinas:
ENSAIO
MASONERÍA