Lorena Conde
(Pontesampaio, 1980)
Licenciada en Filoloxía Hispánica e especialista universitaria en Arte Dramática pola USC. Ténica superior de Artes Plásticas e Deseño en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo.
Durante anos leva obradoiros escénicos de diversos centros educativos. De 2008 a 2015 dirixe Enlata Teatro, compañía universitaria impulsada pola Facultade de Ciencias da Educación da USC. En 2013 cofunda Matrioshka Teatro, compañía na que actúa, realiza o deseño gráfico e de escenografía e tamén escribe. En 2013 e 2014 coordina o Proxecto de creación escénica AD HOC en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da USC e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago.
Dende 2014 forma parte de Farrapo Teatro, compañía para a que escribe e dirixe Frío, peza coa que gaña en 2016 os premios á mellor deseño de vestiario, mellor dirección e mellor espectáculo no X Festival Internacional de Teatro Cale-Se en Vila Nova de Gaia, Portugal.En 2017 participa na fundación da compañía A Feroz que en 2018 se estrea co seu primeiro proxecto,AFTERPARTY. Dende 2009 desenvolve un labor de experimentación nas artes aplicadas no seu propio taller, A Maranha, no que se vai decantando pola investigación en materiais infrecuentes para xoiería, decoración e realización de obxectos para a escena. En 2016 gaña o XVIII Premio de poesía Miguel González Garcés con Entullo, o seu primeiro poemario.En 2020 faise co XXXVI Premio de poesía Cidade de Ourense co poemario As puntas da louza. Cancioneiro de labor.
____
Editorial: Cuarto de invernoIdioma: Galego
Colección: XUVENIL