Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA. EEEEIIIII...CARBALLEIRA

por VV.AA
€21,95
ISBN

LIBRO + CD

Uxía Lambona e a Banda Molona“ nace como un proxecto lúdico, musical e educativo,  que pretende sobre todo divertir os nenos.

Nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós, curmás, curmáns, tíos, tías, marcianos, ratos, ras, vacas, insectos voadores, astronautas, gaiteiras, pallasos, mecánicas…, xentes de aquí e de acolá, xentes do mundo!!!
Despois de dar voltas e reviravoltas a Galicia, norte, sur, este, oeste, de baixar, subir, brincar e rebrincar prazas, rúas, auditorios, teatros, e incluso concertos intercibernéticos… aquí seguimos batallando, rebentando coa nosa forma particular de ver o mundo, a música e a cultura… E estamos aquí de novo para vos amosar ese mundo imaxinario no que viaxamos… ese mundo cheo de tolemias, de viaxes, chimpos e soños…, para vos amosar…EEEEIIIIII CARBALLEIRA!!!, cargadiño de temas para cantar, bailar e alegrar o corazón, pero tamén nesta ocasión, de contos en banda deseñada.

Como sabedes, Uxía Lambona e a Banda Molona somos Serghaño, Roscón, Ñoc, Pali, Abraham e Uxía, e ides atoparnos no cómic, claro!, pero con nós está sempre Javi, o técnico de son, que fai un traballo xenial…, e ao que normalmente non vedes.

Pois… tedes un reto: hai que atopar a Javi en cada un dos cómics!, e siiii!, está en todos! Veña, “onde está Javi?”. Agardamos que vos guste, que nos acompañedes nesta particular viaxe e que compartades momentos cargadiños de sorrisos!!!

TEMAS
01 – Intro
02 – Eeeeiiiii…carballeira !!
03 – Máis galego
04 – Odessa
05 – Xirarei now
06 – Martiño “ Pelegrín”
07 – Camposa de San Xoán
08 – Ibo

____

Editorial: Troula
Idioma: Galego