Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SUCOS

€13,50
ISBN 9788411763271

PREMIO SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER 2023

O avó de Aldara, o vello Moncho, comeza a facer cousas raras.  Preocupada por el, a súa neta vaino acompañar nunha extraordinaria aventura enriba dunha padeadora amarela, coa que percorrerán camiños e leiras.

Moncho ten un plan con catro ideas que mudarán para sempre a aldea de Xavestre e os seus veciños e veciñas.

Lodi, Sandra

(Lugo, 1990) É unha ilustradora, deseñadora e artista plástica lucense afincada en Santiago de Compostela. Estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca, época en que tamén tivo a oportunidade de coñecer o método de produción creativa da Accademia di Brera (Milán).

Actualmente publica as súas ilustracións na revista satírica Mongolia e na publicación semanal El Estafador, ademais de colaborar con outros xornais como ilustradora de prensa.

En 2019 foi premiada co Segundo Premio Curuxa de Humor gráfico do Museo Xaquín Marín e en 2021 a súa obra pictórica foi seleccionada na XII Bienal de Pintura Eixo Atlántico. En 2022 recibiu o Primeiro Premio no combate mural do Culturbán (Lugo), e en 2023 no IV Certame de Pintura do Festival de Cans. Gañou, en 2024, o IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado coa obra Papóns, publicada en Editorial Galaxia, e ilustrou Sucos, de Ignacio Vidal Portabales (Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2023), publicado na colección Árbore de Editorial Galaxia.

____

Editorial: Galaxia 08-2024

Idioma: Galego