Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

POR TOBOS E TOBEIRAS

Esgotado
€19,85
ISBN 9788499953489
Sabías que o raposo é un desastre , mentres que o teixugo é moi limpo e ata ten o seu propio baño ? E que estes son os dous veciños que a miúdo comparten un tobo ? Paréceche dificil de cre ? Ven con nós botar unha ollada ao interior das cámaras misteriosas que se atopan ao pé de tocos e árbores caídas . Abriremos camiños subterráneos para visitar felices familias de coellos , veremos se cadra osos a durmir nas súas camas ou algúns armiños falcatrueiros .. A enciclopedia de fermosas ilustracións que forma parte do libro ensinarache moitas cousas interesantes sobre o mundo animal ; entre outras , o feito de que o oso pardo , aparentemente impoñente e temido , prefire manterse a unha distancia prudencial dun certo animaliño miúdo ...

Markéta Špacková é unha autora de literatura infantil e divulgación especializada en achegar o mundo da natureza e o reino animal aos máis novos.
En Galicia, as súas obras foron traducidas e publicadas en galego pola editorial Baía Edicións, dentro da colección Explora o reino animal.
Libros destacados dispoñibles en galego
  • Por tobos e tobeiras: Un libro que convida a explorar o interior das cámaras misteriosas e agochos que os animais constrúen baixo terra, revelando curiosidades como os costumes do teixugo ou do raposo. 
  • Nos furados das árbores: Unha obra centrada nos ecosistemas escondidos nos troncos e polas das árbores, amosando a vida que alberga un simple carballo. 

____

Editorial: Baía 08-2021
Idioma: Galego
Páxinas: 24
CARTONE
INFANTIL 
A PARTIR DE 2 ANOS
NATUREZA
ECOLOXÍA