Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O FAMOSO CATÁLOGO WALKER & DAWN

€17,00
ISBN 9788416884315
Comparten un catálogo de venda por correspondencia, tres dólares para gastar e o desexo de descubrir o mundo. E cando no canto do revólver que encargan chega un vello reloxo que non funciona, non o pensan dúas veces e parten cara a Chicago para cambialo.

Aventuras ao estilo clásico para as novas xeracións.
Catro amigos unen os seus aforros para realizar unha compra por catálogo. Pero cando chega o paquete, este non contén o que esperaban así que deciden emprender unha arriscada viaxe ata Chicago para tratar de recuperar o que cren é seu. Sen pretendelo chocan de pleno cunha escura trama de roubos, traizóns, asasinatos…e todo se complica. Moito.
"Partiramos catro. Te Trois o valoroso, que quería dominar a vida. Eddie o xamán, que quería descubrir os seus segredos. Tit, que era pequeno, pero grande cando facía falta. E Julie a invulnerable, que quería ser feliz." Te Trois, Eddie, Tit e Julie non poderían ser máis diferentes nin mellores amigos. Comparten un catálogo de venda por correspondencia, tres dólares para gastar e o desexo de descubrir o mundo. E cando no canto do revólver que encargan chega un vello reloxo que non funciona, non o pensan dúas veces e parten cara a Chicago para cambialo. Na súa viaxe nun barco de vapor polo Mississippi e nun tren de mercancías atoparán caloteiros profesionais, policías corruptos, xente boa que resulta non ser tal… por non falar dun crime sen resolver e de moitos, moitos cartos!

DAVIDE MOROSINOTTO

Naceu en 1980, preto de Padua (Italia). Sempre quixo ser escritor e, de neno, durante as horas de clase, imaxinaba incribles aventuras e mundos fantásticos. Morosinotto vive en Boloña desde hai moitos anos. Publicou numerosos libros xuvenís e, ademais, é periodista e tradutor de videoxogos. Sente debilidade polos lugares fríos e chuviosos. Encántalle pasear por cidades descoñecidas e un dos seus soños é dar a volta ao mundo coa súa moto.

 

____

Editorial: Sushi book
Idioma: Gallego