Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOS FURADOS DAS ÁRBORES

Esgotado
€19,85
ISBN 9788499953496
Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira , mesmo unha vila ? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza , facendo unha sala para cando chegan as crías novas . O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño dando golpiños e auscultando para ver que doenza ten . A cambio , a árbore déixalle facer casa nun furado da cortiza . De veciñanza teñen unha familia de esquíos , un leirón cobizoso ben metidiño no seu cuarto preparándose para superar sen problemas o inverno e un moucho moi pequeno que chama tal cal así , moucho pequeno . A enciclopedia de fermosas ilustracións que forma parte do libr ensinarache moitas cousas interesantes sobre o mundo animal, entre outras feito de que as árbores son o fogar de artistas que poden competir coas mellores escultoras humanas .

Markéta Špacková é unha autora de literatura infantil e divulgación especializada en achegar o mundo da natureza e o reino animal aos máis novos.
En Galicia, as súas obras foron traducidas e publicadas en galego pola editorial Baía Edicións, dentro da colección Explora o reino animal.
Libros destacados dispoñibles en galego
  • Por tobos e tobeiras: Un libro que convida a explorar o interior das cámaras misteriosas e agochos que os animais constrúen baixo terra, revelando curiosidades como os costumes do teixugo ou do raposo. 
  • Nos furados das árbores: Unha obra centrada nos ecosistemas escondidos nos troncos e polas das árbores, amosando a vida que alberga un simple carballo. 

____

Editorial: Baía 08-2021
Idioma: Galego
Páxinas: 24
CARTONE
INFANTIL 
A PARTIR DE 2 ANOS
NATUREZA
ECOLOXÍA