Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LOUCINE

€17,00
ISBN 9788419840097
Obra gañadora do VIII Concurso Balbino de Relatos.
Tal e como describe a propia autora, “Loucine é unha bágoa esvarando lentamente pola meixela e dará nome á máis profunda soidade e á máis absoluta derrota. Pero se de toda esa desolación e dese estrago se logra saír, se se pode arrincar un chisco de luz na escura noite da destrución, se na fin do mundo volve amencer... entón non está todo perdido. A morte non sempre é o final, o esquecemento si”.
Loucine destaca polo gran traballo na caracterización dos personaxes nunha historia que atrapa pola intriga e que é quen de reflectir, con notable habelencia, unha sinfonía de soidades na que todos os seres deste relato atopan o seu lugar no mundo.

____

Editorial: Edicións Fervenza 11-2023
Idioma: Galego