Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

IRMÁ PAXARO

€15,50
ISBN 9788409158751
Irmá paxaro é o relato da perda da complicidade entre dúas irmás descoñecedoras de que o golpe máis duro é o paso do tempo.
A autora, Tamara Andrés, emprega a poesía, nun texto profundamente narrativo, para mostrarnos a dispar evolución de dúas irmás que mantiñan un elo na infancia que lles permitía ser elas mesmas até que quebrou co despregar das ás da irmá pequena; a irmá paxaro.

Tamara Andrés (Combarro, 1992) formouse en tradución e interpretación e literatura comparada. Desenvolve unha tese na Universidade de Vigo sobre tradución e poesía galega de autoría feminina mentres traballa como tradutora e revisora.

En 2015 saíu do prelo o texto Amentalista, unha homenaxe ao pintor René Magritte, e gañou o Premio de Poesía O Facho co poemario Nenæspiraes. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia, traducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018. Textos seus foron premiados en diversos certames e publicados en obras colectivas, como nas antoloxías No seu despregar (2015, Apiario) ou Anthology of Young Galician Poets (2019, Vakxikon). Irmá paxaro quedou finalista do I Premio María Victoria Moreno.

Alén de poñer en práctica a dimensión escénica e corporal do texto e de participar en proxectos teatrais e audiovisuais, imparte obradoiros poéticos e de animación lectora e organiza diversos eventos literarios.

____

Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Galego
Colección: XUVENIL