Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O QUE TEN QUE APRENDER UN CEMPÉS QUE QUEIRA SER SABIO COMO PERICO

€14,90
ISBN 9788498716962
O primeiro día de escola é unha nova aventura na que se mistura expectación, nerviosismo e afán por descubrir cousas novas. Nesta historia, Perico está ansioso por aprender, pero non é quen de organizar a súa loxística diaria para chegar a tempo. O pequeno cempés decide pedirlle axuda á gata e á araña que, malia lle daren sabios consellos, non conseguen resolver o problema. Finalmente serán as formigas, nas que Perico non confiaba nun principio, as que lle axuden a atopar a solución. A aventura de Perico, para a autora e narradora Mercedes Carrión, é unha historia de ôsuperación e crecemento persoalö. O protagonista xa é sabio desde o momento no que asume o seu problema e decide poñer os medios para solucionalo, pois ten moi claro o seu obxectivo e non desiste no seu empeño. A súa constancia lévalle a resolver as dificultades, grazas á colaboración e o apoio das amizades.

        ____

        Editorial: OQO 03-2023
        Idioma: gALEGO