Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra. Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive soterrada nas Colmeas, estruturas elípticas con minúsculos cubículos hexagonais onde dormen os seus habitantes. Iolanda é unha adolescente que, xunto a súa filla e o seu curmán, vive nunha destas Colmeas baixo a tiranía da Raíña e a escaseza de auga, un ben que se converteu no artigo máis prezado do mundo e polo que a xente é mesmo quen de matar. Iolanda sábeo: a estraña aparición dun cadáver desencadea unha serie de acontecementos que farán que xa nada volva ser o que era.
Idioma: Galego
Colección: XUVENIL
Antía Yáñez (Burela 1991). Devorou libros como elemento principal da súa dieta na infancia e agora escribe como complemento alimenticio. Formouse no relato curto, comezando cos certames locais. Xa adulta, gañou premios como o XI Certame de Microrrelatos “Lonxa Literaria” (2013), o de Relatos
Curtos “Os Viadutos”, o XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto (2018) e o Certame Literario de Cambre. Con obras autotraducidas ao castelán gañou o 1o premio do V Certamen de Relatos “Pablo de Olavide” de La Luisiana (Sevilla, 2016), o 1o premio do XIX Certamen de Poesía y Relato Corto “Dafne” de Oviedo (2016), o 2o premio no XXIV Certamen Literario “Mujerarte” de Lucena (Córdoba, 2016) e obtivo unha mención especial no XIII Concurso de Microrrelatos Mineros “Manuel Nevado Madrid” de
Oviedo (2016). No ano 2016 publica O misterio de Portomarín (Galaxia), que ten a súa continuación en O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019). En 2018 gaña o Premio Illa Nova con Senlleiras e o I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade co álbum ilustrado, A reconquista. Be Water, foi finalista I Premio María Victoria Moreno de Literatura

____
Editorial: Cuarto de invernoIdioma: Galego
Colección: XUVENIL