Desde que o italiano Carlo Collodi escribise o relato orixinal a finais do século XIX, as aventuras de Pinoquio foron reescritas e reinterpretadas por numerosos autores. Quizá o máis soado deles sexa o tamén italiano Gianni Rodari.
“Velaquí comezan as aventuras de Pinoquio, as súas travesuras, monicreque famosísimo polo seu nariz longuísimo”.
Así inicia Gianni Rodari a súa especial homenaxe a un dos personaxes máis senlleiros da literatura universal, onde atoparemos os personaxes que Collodi imaxinou, o boneco de madeira, o seu creador Geppetto, o Tragalumes, a fada Turquesa, o mastín Alidoro, o Grilo..., a través da xenial e divertida pluma do “gramático da fantasía”.
Editorial: Galaxia 10-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 80
Tradución: García Bugarín, Leandro
____