A calor chegou ao pobo de Moonville, e Anna e os demais bruxos planean unha excursión ao pantano para refrescarse. Por desgraza, os veciños converteron o lugar nun vertedoiro. Está cheo de latas de refresco, bolsas vellas, un monstro con tentáculos … un monstro?! O máxico Club da Lúa Chea terá que vencelo! Ou quizá deba salvalo?
Pedro Mañas (Madrid, 1981) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade Autónoma de Madrid. Foi precisamente alí onde un dos seus relatos foi seleccionado para unha selección de novos autores. Desde entón, fóronlle concedidos diferentes galardóns nacionais e internacionais no ámbito da narrativa infantil, entre os que destacan o premio Ler é Vivir da editorial Everest e o premio Ciudad de Málaga da editorial Anaya. Más recentemente resultou gañador do Barco de Vapor da editorial SM e do Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil. Algunhas das súas obras premiadas foron traducidas ao francés, ao alemán, ao portugués, coreano ou ao chinés, entre outras linguas.
Tamén é autor de varios poemarios infantís. Entre eles, Poemas para ler antes de ler, co que resultou gañador do Premio de Poesía Infantil O Príncipe Preguntón (convocado pola Deputación de Granada e a Editorial Hiperión) e Ciudad Labirinto, que lle valeu o II Premio de Poesía Infantil Ciudad de Orihuela, convocado polo Concello de Orihuela e a editorial Kalandraka.
____
Editorial: Cumio 09-2024
Idioma: Galego