Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ARAÑEIRA DE CHARLOTTE

€17,00
ISBN 9788416884674

«Vaia porco!» «Radiante.» «Humilde.» Así é Wilbur, un porquiño a quen a pequena Fern libra da morte ó pouco de nacer. Pero todo o mundo sabe o destino que lles espera ós porcos. Para evitalo e lograr que quede a vivir tranquilamente na granxa, os amigos de Wilbur preparan un plan: a araña Charlotte escribirá esas palabras na súa arañeira.

E. B. White naceu en Mount Vernon (Nova York) en 1899. Autor de máis dunha ducia de títulos de narrativa, ensaio e poesía, formou parte da Academia Americana das Artes e das Letras. Foi condecorado coa Medalla Laura Ingalls Wilder en 1970 polos seus títulos A arañeira de Charlotte e Stuart Little. 

Ó longo da súa vida, moitos mozos preguntáronlle se as súas historias eran reais. Nunha carta, respondeu: «Son historias imaxinarias. Pero a vida real é só un tipo de vida; tamén está a vida da imaxinación».

____

Traducido ao galego por Moisés Barcia

Editorial: Sushi books; 06-2023

Idioma: Galego