Esta é unha historia onde a imaxinación non ten límites
onde as cousas máis raras suceden coma se fosen nomais. Achégate a esta casa chea de seres inesperados, como sacados dun soño con moita febre. Entra nos seus cuartos. O que hai dentro está cheo de sorpresas… Collazo López, Iria Naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero leva no Morrazo (primeiro Moaña, agora Cangas) desde os sete anos. As historias que lle contaron, que vive e que respira nestes dous lugares impregnan boa parte do que escribe. Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario e hoxe exerce como profesora de Lingua e Ligeratura Galega no IES As Barxas, de Moaña. Na Editorial Galaxia publicou a novela Coma unha áncora e o libro de relatos, A soidade das medusas (traducido ao portugués de Brasil e ao francés). Con A casa do paralelo 54 debuta na literatura infantil.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego