No ano 844, os viquingos chegaron por primeira vez ás costas de Galicia e asaltaron as vilas e aldeas da ribeira. Viñeron máis veces, nunha delas subiron polo río Ulla e atacaron Compostela, noutra subiron polo Miño e arrasaron con Tui. Os bispos e os nobres galegos formaron exércitos para loitar contra eles e conseguiron botalos. Tamén construíron murallas e torres para defender a costa, como as Torres de Oeste en Catoira.
HISTORIA DE GALICIA OS BOLECHAS
_____
Editorial: Bolanda 10-2024
Idioma: Galego