Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O NENO CAN

€12,00
ISBN 9788498654318
O libro entrou en 2013 na LISTA DO CENTRO IBBY DE DOCUMENTACIÓN PARA NENOS CON DIFICULTADES ESPECIAIS Premio Frei Martín Sarmiento 2014 Lista de Honor da revista CLIJ 2014 Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altair, Leila, Carlos... Un libro a favor de UNICEF


O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social. A artista Patricia Castelao puxo o punto plástico perfecto para que poidamos gozar dun libro que, ademais de apostar pola xustiza e a liberdade, nos agasalla cunhas historias cheas de vida, a pesar da crueza das realidades que conta, e que van engancharnos dende a primeira liña.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego